Arquitectura na Universidade de Vigo
Campus de Vigo
Campus de Pontevedra
Campus de Ourense
"A construcción dunha cidade universitaria".
"Arte, natureza e comunicación".
"Universidade de cidade nun mesmo entorno".
A maior parte do Campus de Vigo atópase afastado do balbordo da cidade, mantendo no corazón da cidade algunhas instalacións docentes. Hai en total, 14 centros que ofrecen 29 titulacións.
As instalacións do Campus mesturan edificios docentes, administrativos, áreas residenciais e deportivas con complexos científicos e de ocio que enriquecen o día a día dos estudantes.
O Campus de Pontevedra está atravesado polo río Lérez e rodeado pola Illa das Esculturas, e conforma un recinto arquitectónico de recente creación.
A natureza, o deporte e, sobre todo, a cultura son os aspectos diferenciais da vida universitaria pontevedresa, na que se reúnen seis facultades que ofrecen 13 titulacións .
Ourense conta cun campus absolutamente urbano e que responde a unhas características singulares, especialmente a súa parte antiga, conectado coas instalacións máis novas mediante unha pasarela.
No campus existen sete facultades que ofertan 20 titulacións. Existe tamén unha gran variedadde de facultades, complexos residenciais e deportivos...